
A Asociación CAPACES LUGO foi constituída o 30 de setembro de 2013 na cidade de Lugo.
É unha asociación sen ánimo de lucro creada para apoiar ás persoas con Trastorno de Espectro Autista (TEA) e trastornos da comunicación (Trastorno Semántico Pragmático, TEL e outros) xa que precisan recursos moi similares no ámbito logopédico e terapéutico.
Non consideramos necesario ter un diagnostico definitivo porque cremos que o importante son as persoas e non as etiquetas. Contamos cun amplo elenco de profesionais autónomos que traballan de xeito individualizado co rapaz ou rapaza atendendo as súas necesidades persoais. Cada neno ou adolescente é único, e por iso mesmo o xeito de traballar con eles tamén ten que ser distinto para cada un. Buscamos mellorar a súa calidade de vida e a plena inclusión na comunidade.
O noso ámbito é provincial.
Somos membros da FEDERACION AUTISMO GALICIA.
Estamos inscritos no:
- Rexistro Provincial de Asociacións co número 2013/017935-1.
- Rexistro Municipal de Asociacións de Lugo co número 608.
- Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos da Xunta de Galicia co número E-5988
-Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria de Galicia co número O-727
-Membro do Consello Asesor de pacientes da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte.
COMPOSICIÓN DA NOSA XUNTA DIRECTIVA
Presidenta: Noelia Fernández López
Tesorera: Olga Pazo del Nozal
Secretaria: Ángeles Fernández Núñez
Crea tu propia página web con Webador