Non te perdas o noso traballo!

Podes ver todas as actividades que realizamos nas publicacións que facemos no noso blogue.

Ferramentas para a accesibilidade cognitiva desde o espectro do autismo

A sinalización accesible, o uso de pictogramas, o control dos estímulos sensoriais ou a anticipación da información son só algúns dos recursos que favorecen a accesibilidade cognitiva das persoas con autismo.
Esta guía, publicada no marco do proxecto Rumbo, recolle ferramentas, normativas e casos de boas prácticas para que a información, as comunicacións e a contorna física sexan accesibles para todas as persoas.

As características e necesidades maioritarias que presentan as persoas autistas no seu día a día introducen matices importantes a ter en conta cando falamos da accesibilidade cognitiva dun elemento, contorna ou servizo. A normativa vixente non resulta suficiente para garantir a inclusión das persoas no espectro, por iso desde o proxecto Rumbo desenvolveuse esta guía ‘Accesibilidade cognitiva desde o espectro do autismo’ na que se ofrece o coñecemento, as ferramentas e unha serie de boas prácticas para facer amigables e comprensibles as contornas e a comunicación.

Aínda que a accesibilidade cognitiva é un proceso moi subxectivo, é unha dimensión imprescindible do paradigma da accesibilidade universal: todos os elementos da sociedade deben poder ser usados por todas as persoas da forma máis autónoma, segura e cómoda posible. Tras abordar as técnicas a nivel xeral sobre ‘Accesibilidade cognitiva. Información, comunicación e contornas físicos accesibles para todas as persoas’, as entidades do ámbito do autismo que participaron no proxecto Rumbo, (Confederación Autismo España, Autismo Andalucía, Federació Catalá d’Autisme, Autismo Galicia, Autismo Castela e León) recollen nesta publicación a mirada da accesibilidade desde o espectro do autismo.

Os obxectivos son:

  1. Entender o concepto de accesibilidade cognitiva desde a perspectiva das persoas con autismo,
  2. Profundar nas necesidades presentes no espectro do autismo e que se relacionan coa dimensión cognitiva do paradigma da accesibilidade universal.
  3. Compartir normativas, ferramentas e exemplos de boas prácticas.

Máis información na web de Autismo España: https://autismo.org.es/actualidad/noticias/guia-accesibilidad-cognitiva-autismo-rumbo/ 

PROXECTO MURALLALANDIA

📢🤝 A ASOCIACIÓN CAPACES LUGO SÚMASE A MURALLALANDIA 🤝📢

Unimos forzas cun proxecto marabilloso que busca mellorar a estancia dos máis pequenos no Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo. Murallalandia converterá a área de pediatría nun espazo lúdico e educativo inspirado na Muralla Romana, promovendo o benestar e a aprendizaxe a través do xogo.

Esta iniciativa faise realidade grazas á colaboración co SERGAS, Banco Mediolanum e a Fundación Breogán, entidades comprometidas coa humanización dos espazos hospitalarios e coa mellora da calidade de vida dos nenos hospitalizados.

🔹 Como se fará?
O proxecto financiarase a través das doazóns recibidas en 👉 www.migranodearena.org e dos fondos recadados en eventos solidarios organizados para este fin.

Existen diferentes formas de patrocinio para aquelas entidades ou persoas que queiran sumarse á iniciativa:
🏆 Patrocinador Corporativo
🎖️ Patrocinador VIP
🤝 Patrocinador Colaborador

Ademais, Banco Mediolanum, a través da súa Fundación Mediolanum Aproxima, comprométese a duplicar as achegas recadadas en cada evento solidario ata un máximo de 5.000€ por evento.

💙 Ti tamén podes axudar!
Cada achega conta! Co teu apoio, faremos posible que os nenos hospitalizados teñan un espazo máis acolledor, divertido e educativo. Únete á nosa causa e contribúe a transformar as súas estadías no hospital nunha experiencia máis amable.

Xuntos faremos do hospital un lugar mellor! 🙌💙

 

PROGRAMA "VOLCATEA"

En Capaces queremos seguir buscando a inclusión das persoas con TEA e para poder conseguilo estamos pedindo voluntariado para levar a cabo este novo programa que  busca acompañar as persoas con TEA en actividades da vida diaria, en actividades deportivas e extraescolares que sen os apoios necesarios non poderían facer. Chamámosvos a acción!

Programa Educación Medioambiental para persoas con diversidade funcional

Grazas a subvención concedida pola Deputación de Lugo dende a área de Medioambiente elaborouse o presente programa co fin de realizar accións medioambientais para rapazas e rapaces con diversidade funcional. Este ano acudimos aos hortos do Rato co Mestre Juan. No noso blogue podedes ver as fotos do pasado sábado.

Reunión con Elena Candia

 Reunímonos con Elena Candia e con Gustavo Díaz do PP Lugo localpara darnos a coñecer e presentar os proxectos que levamos a cabo.
Tamén levamos un proxecto novo no que andamos liadas e que de saír adiante será algo que non se ofrece na provincia de Lugo ás persoas con TEA.
Queremos agradecer sinceramente a súa escoita activa e empatía.

NOVA REUNIÓN "COIDAR AO QUE COIDA"

O vindeiro sábado 25 de maio temos a seguinte reunión mensual de familias dentro do programa Coidar ao que coida, programa de Atención Sociofamiliar da Federación Autismo Galicia, subvencionado pola Xunta de Galicia a través da Conselleria de Política Social e Igualdade. Todos os sábados de final de mes reunimonos con Carmen Moreno do centro CREA que guia estas reunións onde nos apoiamos e aprendemos unhas familias de outras. Non ten custo para as familias asociadas de Capaces Lugo. Pode participar calquera familiar ou persoa con TEA. Máis información no email capaceslugo@gmail.com ou no teléfono 619170890

ESCOLA DE FAMILIAS CAPACES LUGO

O vindeiro sábado 11 de maio ofreceremos a escola de familias " O patrimonio protexido das persoas con discapacidade".  Nela se fará unha analise da figura legal do patrimonio protexido, tanto dende a perspectiva da protección patrimonial da persoa con discapacidade, como dende a perspectiva das ventaxas fiscais para as persoas que fan aportacións a dito patrimonio. A Relatora será Pilar Garcia-Puertas, avogada e presidenta da Asociación Justicia y Diversidad.

Esta escola de familias pertence ao programa de Atención Socio Familiar da Federación Autismo Galicia e está subvencionada pola Xunta de Galicia - Consellería de Política Social e Igualdade.

Esta escola é de balde e poden asistir familias socias de Capaces e non socias.

Podedes conseguir máis información no correo capaceslugo@gmail.com

 

Crea tu propia página web con Webador