Colabora con Capaces Lugo

Faite socia/o

Poderán ser socios de Capaces Lugo o pai, nai, titor/a dunha persoa con TEA, discapacidade intelectual, ou con trastornos de comunicación, e as propias persoas con TEA con capacidade de obrar. Tamén serán socios/as numerarios/as aquelas persoas que teñan entre os seus fins principais a axuda ás persoas con TEA, discapacidade intelectual e/ou trastornos da comunicación. 

Doacións

Capaces Lugo traballa para un colectivo amplo de persoas que, a pesar dos avances sociais producidos, continúan necesitando do noso soporte e apoio para que a súa inclusión sexa plena e o desenvolvemento dos seus dereitos, efectivo.

Da iniciativa e tesón das familias xurdiron os primeiros servizos integrais, centrados en acompañar á persoa con autismo e á súa familia ao longo da vida que ao longo dos anos especializáronse e gozan de calidade, profesionalidade e prestixio social, e todo isto foi grazas entre outras cousas as donacións.

Contamos contigo!

Voluntariado

Capaces Lugo forma parte do Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia.  A través da túa axuda podemos seguir mellorando a calidade de vida das persoas con TEA e a das súas familias. Se desexas formar parte da rede de voluntariado, podes encher o formulario de contacto e responderemos á túa mensaxe.

Crea tu propia página web con Webador