Os nosos servizos

Programa “Axuda e asistencia a persoas con TEA"

Dende o ano 2017 temos asinado un Convenio de  colaboración coa Deputación de Lugo, onde atendemos ao programa de Axuda e asistencia ás persoas con TEA, no ano 2022 temos actividades de ocio e respiro familiar os sábados pola mañá, onde os rapaces e rapazas traballan a autonomía e tamén os xogos e interactúan entre eles, todo gracias a colaboración coa Deputación de Lugo, e co Concello de Lugo ao ter reservado un local no Centro María Mariño, onde organizamos as actividades coa empresa Ludus Tempori.

Programa de Promoción para a vida independiente

Este programa forma parte da Federación Autismo Galicia O programa está financiado pola Xunta de Galicia (Consellería de Política Social) a través das subvencións destinadas á realización de programas

de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF).

O programa foi elaborado co fin de realizar unha serie de actividades que puideran axudar as familias e usuarios da Asociación Capaces a conciliar a vida familiar e laboral, e ao mesmo tempo, ofertar aos participantes un espazo onde realizar actividades en contacto coa natureza, deportivas, culturais e de ocio e sobre todo que fomenten a súa autonomía para a vida independente. 

Programa Educación Medioambiental para persoas con diversidade funcional

Grazas a subvención concedida pola Deputación de Lugo dende a área de Medioambiente elaborouse o presente programa co fin de realizar accións medioambientais para rapazas e rapaces con diversidade funcional.

Estes rapaces, logo de estar máis protexidos durante a pandemia, xa que non entendían nin toleraban o uso da mascara, tiveron unha vida social menor que o da cidadanía en xeral. Neste senso teñen necesidade de voltar a realizar actividades en contacto coa natureza.

Programa "Coidar ao que coida"

Trátase dun programa de atención sociofamiliar da Federación Autismo Galicia, subvencionado pola Consellería de Política Social e Xunventude da Xunta de Galicia e desenvolto pola Asociación Capaces Lugo, onde as familias, guiadas por Carmen Moreno, terapeuta con máis de 10 anos de experiencia do Centro Psicopedagógico CREA, poden compartir as súas emocións e dúbidas. Aberto para todxs, gratuito para socios e cunha aportación por non socios.

Todolos meses, agás xullo e agosto, temos reunión coas familias o último sábado no local social cedido polo Concello de Lugo na Rúa Monte Faro nº 2 baixo

Programa Acollemento ás familias

Con este programa damos información, asesoramento e derivación a terapeutas cos que temos convenios de colaboración, tanto para socios como para non socios.
 Poden facelo a través de chamada telefónica ou  whatsapp ó telefóno 619170890 e ó correo electrónico capaceslugo@gmail.com, ou a través do noso facebook https://www.facebook.com/CapacesLugo/.

Como asociación sentimonos na obriga de axudar a todas aquelas persoas que nolo pidan, sexan ou non socias nosas, estamos para TODOS.

(Pictograma de Arasaac)

Programa “VOLCATEA". Voluntariado Capaces Lugo para persoas con TEA.

Programa de Voluntariado que busca a inclusión das persoas con TEA nas actividades deportivas e extraescolares durante os meses de outubro a xuño. Para máis información podes chamarnos ao 619170890 ou escribirnos un email a capaceslugo@gmail.com . Se queres anotarte só tes que cubrir o formulario que temos na pestana "colabora".

 

(Pictograma de Arasaac)

Xornadas formativas

Realizamos cursos de formación para mestres, logopedas, psicólogos, terapeutas e para as familias que o soliciten